RENACEMENTO EN ROMA

CONTEXTO DA ACTIVIDADE

Atopámonos nun centro público da cidade de Vigo. Neste caso é unha actividade integrada nun proxecto que busca promocionar a viaxe de fin de curso a Roma, que terá coma produto final un "spot" publicitario que transcenderá máis aló do centro para chegar ás familias dos estudantes.

Dentro da materia de Xeografía e Historia programamos unha tarefa integrada neste proxecto. Trátase dunha tarefa deseñada para un grupo de 3º da ESO formado por 22 alumnas e alumnos.

A RELACIÓN DA ACTIVIDADE CO CURRÍCULO

A actividade diseñada atópase relacionada cos seguintes contidos e estándares de aprendizaxe:



DESEÑO DA ACTIVIDADE

Tras traballar os contidos relativos ao contexto e características xerais da arte do Renacemento desde un punto de vista expositivo, se lles presenta as seguintes tarefas aos alumnos.

  • Os estudantes terán que investigar sobre unha obra do renacemento que se atope en Roma. Nesa investigación terán que aportar información sobre a cronoloxía da obra, o tema, os aspectos técnicos da mesma e un razoar a súa pertenza ao Renacimiento e establecer unha relación co contexto histórico no que se fixo a obra. Dun xeito aleatorio se repartirán por grupos as seguintes obras:
    • A cúpula da Basílica San Pedro de Roma.
    • "A Piedade" de Miguel Anxo.
    • "A Escola de Atenas" de Rafael
  • Na seguinte sesión, previo traballo individual, organizados en pequenos grupos de catro integrantes, comentarán e compararán os resultados obtidos para depois facer unha posta en común co gran grupo empregando a aplicación de padlet.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE

Para a avaliación terase en conta os estándares mencionados con anterioridade empregando coma medios de avaliación a observación directa e a seguinte rúbrica para a valoración da participación na aula e do informe individual onde queden reflexadas as investigación feitas e as conclusións obtidas.



Comentarios

Entradas populares