Argallando historias... Unha breve presentación
Son Héctor, un profesor de ensino secundario da especialidade de Xeografía e Historia. Inicio este novo blog no contexto do curso "As tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento no deseño de actividades integradas" organizado no CFR de Vigo.
Unha das primeiras cuestións que fixemos foi reflexionar sobre o "traballo por tarefas" ou "traballo por proxectos" partindo de dúas cuestións: Que entendemos? Que nos preguntamos?
Entendo que o traballo por proxectos significa unha metodoloxía de traballo que integra máis ao alumno ou alumna no seu proceso de apredizaxe, ademáis de facilitar a integración duns recursos heteroxeneos no día a día da aula. Ao mesmo tempo pregúntome sobre a viavilidade do método cando nos atopamos ante grupos numerosos de 30 alumnos, así como a introdución destas innovacións no contexto dun centro onde é máis común un tipo de metodoloxía "tradicional", limitando deste xeito a transversalidade da programación, ou mesmo presentando posibles problemas adaptativos dos alumnos ante unha modificación sustancial da metodoloxía.
De calquera xeito, as institucións públicas, como a Xunta de Galicia, parece que queren potenciar este tipo de metodoloxía, para o cal tería que por a disposición do profesorado maiores instrumentos, ademáis de valorar a modificación da ratio de alumnos por aula.
Comentarios
Publicar un comentario